Podemos Baiona inicia o seu proceso de primarias para conformar unha lista conxunta con Esquerda Unida

Podemos Baiona inicia o seu proceso de primarias para conformar unha lista para presentarse nas vindeiras eleccións municipais ás que concorrerán baixo o nome de UNIDAS.

UNIDAS será unha plataforma conformada pola coalición de Podemos e Esquerda Unida e que contará co apoio de veciños independentes. Esta plataforma preséntase “como a alternativa de esquerdas para garantir o tan necesario cambio para o Concello de Baiona».