Obradoiro sobre benestar persoal e empoderamento das mulleres en Baiona

O Concello de Baiona organiza a través do CIM, un obradoiro sobre benestar e empoderamento. A actividade, dirixida a mulleres do municipio, terá lugar o vindeiro martes 22 de xaneiro en horario de 17:00 a 18:30 horas. Ten como obxectivo fomentar o empoderamento das mulleres participantes, a súa autonomía e benestar persoal. Será impartido por Marian Cobelas, especialista en habilidades sociocomunicativas e coach persoal.

Aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o vindeiro xoves 17 de xaneiro no Centro Municipal de Información á Muller situado na primeira planta do Centro Sociocomunitario de Baiona. A actividade é gratuíta e enmárcase no desenvolvemento do IV Plan Municipal de Igualdade do Concello de Baiona. Para máis información poden contactar no teléfono 986 357 554.

Anuncios