Anuncios
Ticker de novas

Chandebrito 1807 organiza un curso de cestería en vimbio con pau

A Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 convoca un novo curso de cestería en vimbio “A cesta con pau”, previsto para o sábado 2 de febreiro de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas na Escola Infantil de Chandebrito (Rúa da Igrexa, 2 “A Penís”).

Coas varas que a planta do vimbio ofrece, os paus das árbores que fermosas medran e a primitiva sabedoría tradicional que aínda resiste nesta era industrial, os participantes compoñerán fermosas cestas coas súas mans.

O prezo do curso é de 50 euros e inclúe os materiais necesarios e as ferramentas. As persoas interesadas en asistir ou obter máis información, poden enviar un correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com, ou chamar ao teléfono 667 380 223. As prazas son limitadas a 8 persoas por orde de inscrición.

Anuncios