Unha das máquinas que traballa nas obras de humanización da Praza Paradela de Gondomar rompeu este xoves unha tubaxe de gas natural.
O escape, que se produciu sobre as 17:00 horas, obrigou á Policía Local e Garda Civil a desaloxar os comercios e establecementos da contorna, en total a unhas 30 persoas.
A pesar do forte cheiro a gas non houbo que lamentar danos persoais. Ata o lugar desprazouse o GES do Val Miñor e os bombeiros do Porriño.
Tras cortar a subministración, operarios da compañía repararán a avaría.

