Os Reis Magos levan a ilusión a Nigrán

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Cabalgata de Reis en Nigrán.

Os Reis Magos de Oriente foron recibidos este sábado no Pavillón Municipal de Panxón despois de desfilar por Nigrán, A Ramallosa e Panxón. As súas maxestades saíron do Concello de Nigrán percorrendo as rúas Rosalía de Castro e Manuel Lemos ata A Ramallosa, para desfilar polas rúas Romana Alta, Damas Apostólicas, Romana Baixa, Camiño da Pastora e Manuel Lemos e concluír no Centro da Terceira Idade na Alameda de San Campio.

Posteriormente, desfilaron desde as pistas de tenis de Panxón para chegar ao Pavillón Municipal, onde se realizou a recepción real que outorga aos nenos a oportunidade de falar directamente con Melchor, Gaspar e Baltasar para transmitirlles os seus desexos.

No seu desfile polas rúas do municipio, as súas Maxestades estiveron acompañados nos diferentes tramos por motos do club “Vespamiñor” cos seus paxes reais, el Grupo de Animar-T e pola Rondalla de Parada, que chegou coa Comitiva Real ao Campo de Redes de Panxón, onde se uniron 120 nenos e nenas do Club Baloncesto Nigrán e do Fútbol Sala Panxón–Nigrán, que desfilaron ata o Pavillón acompañando aos Reis e foron recibidos por unha tirada de lumes de luces. Todo o evento estivo dirixido por Volvoreta e Voltereta.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios