Sin categoría

Tres xeracións unidas con Baiona a través da historia

O 31 de decembro cumpríronse 70 anos desde que unha nena chamada Arnhild Karlsen fose rescatada do mar, para converterse na única sobrevivente do naufraxio do iate noruegués “Thalassa”, ocorrido na costa de Cabo Silleiro, no que pereceron todos os tripulantes e só unha, “Arnhild”, puido sobrevivir.

Arnhild Utheim estivo pasando o fin de ano en Baiona, lonxe dos recoñecementos e da prensa, pero nesta ocasión acompañada por dúas xeracións, xa que estaba coa súa filla e a súa neta. O alcalde, Ángel Rodal, despediuna no hotel Talaso-Atlántico tras esta nova visita á Real Vila.

O encontro foi moi emotivo, aínda que hai uns meses xa estiveran xuntos na homenaxe que se lle rendeu coa inauguración do Miradoiro do Thalassa, porque Arnhild tenlle un agarimo especial a Baiona, onde como di ela cumpriuse o milagre de volver nacer e cando regresa sempre se atopa no seu segundo fogar.

Nesta ocasión estaba acompañada pola súa filla e a súa neta, conseguindo desta maneira xuntar a tres xeracións no mesmo lugar onde fai sete décadas obrouse o milagre, ao ser a única sobrevivente dun naufraxio que deixou un tráxico balance, 14 falecidos na costa de Cabo Silleiro que descansan no cemiterio de Baiona, sinistro que lembrou moi especialmente este 31 de decembro, do cal comentou que estivera un tempo marabilloso, todo o contrario do que viviu aquel fatídico día do 31 de decembro de 1948.

Ao despedirse, Ángel Rodal lembroulle que todos os baioneses están encantados de recibila as veces que ela queira volver a esta terra de acollemento e quedou totalmente sorprendido ao ver nos seus ollos de 80 anos o mesmo brillo daquela nena de 10 anos.