Festa de Inchables no Pavillón de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O Concello de Gondomar ofrece este venres 4 de xaneiro dentro da súa programación de Nadal unha Festa de Inchables no Pavillón de Deportes desde as 16:30 ata as 19:30 horas con entrada de balde ata completar o aforamento. Con este formato de celebración, o Departamento de Cultura, pretende participar dun evento familiar e cómodo, a toda a veciñanza e visitantes de Gondomar, que na fin de semana de Reis ten a posibilidade de desfrutar de tempo en familia, e tempo de calidade.

A formulación pretende en todo caso, promocionar a diversión en familia, nunha contorna axeitada cun parque de inchables para todas as idades que vén composto por pista americana (3 a 12 anos), Combi I (de 3 a 12 anos), Combi II (3 a 12 anos), pack de básicos (1 a 5 anos) composto por un mini inchable para bebés de 1 e 2 anos; e outro inchable para nenos e nenas de 3 a 5 anos e inchable xigante “super-parque de bólas” (zona de tobogáns a partir de 3 anos e sen límite de idade; zona de bolas de 1 a 6 anos).