Anuncios
Ticker de novas

O Celta de Vigo gaña o Torneo de Nadal do Erizana

O Celta de Vigo proclamouse campión do Torneo de Nadal Infantil de Fútbol 7 organizado este sábado por segundo ano consecutivo polo Erizana Club de Fútbol de Baiona. A competición desenvolveuse no campo de fútbol do Aral, coa fase de grupos pola mañá e a fase final pola tarde.

O Val Miñor foi o subcampión, seguido do Coya e o Ribeira en terceira e cuarta posición respectivamente. O trofeo ao mellor xogador foi para Iván Úbeda do Celta, mentres que o de mellor porteiro recibiuno Pablo Álvarez do Ribeira.

Neste Torneo de Nadal Infantil de Fútbol 7 tamén participaron os equipos do Erizana, Chaín, Vilariño, Valladares, Deportivo Cerveira, Coruxo e Tomiño.

Anuncios
error: Contido protexido