O Indiana Bill despide o ano co Mago Luca

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Luca Riego.

O Indiana Bill da Ramallosa quere despedir o ano con maxia. A nova promesa do Val Miñor, o Mago Luca, actuará na cafetería do establecemento a partir das 21:30 horas deste sábado día 29 de decembro, con entrada gratuíta. Luca Riego Costas é un mozo veciño de Gondomar que con tan só 14 anos asegura sentir paixón pola maxia. Empezou a practicar fai catro anos, servíndose de libros para perfeccionar a súa técnica. A vertente que máis lle atrae é a cartomaxia, xa que é a que máis lle permite interactuar co público e adaptar os xogos ao seu estilo.

Anuncios