Gondomar proxecta “El Grinch” no seu ciclo de Cine de Nadal

O Concello de Gondomar continúa este mércores 26 de decembro co ciclo de Cine de Nadal coa película “El Grinch”. A proxección comezará ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío con entrada gratuíta ata completar o aforamento. O Grinch é unha especie de ogro verde que sempre viviu illado na cima dunha montaña, nos arredores de Vila Quen. Habituado á soidade, o que lle esnaquiza os nervios son as panxoliñas que a xente do pobo canta en Nadal; para vingarse, decide roubar os agasallos de Santa Claus.