Anuncios
Ticker de novas

Nigrán celebra o domingo a súa San Silvestre Solidaria con festa final a cargo de Argonat Band

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // San Silvestre de Nigrán.

O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor celebran por cuarto ano consecutivo a carreira San Silvestre Solidaria o domingo 30 de decembro para despedir 2018. A proba deportiva, non competitiva, consta de 6 km, con saída ás 19:00 horas dende o Pavillón Municipal de Panxón (lugar tamén da meta) pasando polo porto, o sendeiro azul e Monte Lourido. Os interesados deben inscribirse achegando o mesmo día ao Pavillón 1 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Municipal a cargo dos Servizos Sociais do Concello, que os distribúen entre as persoas máis desfavorecidas.

A proba rematará ao mesmo tempo que o torneo solidario de Nadal do Fútbol Sala Panxón-Nigrán, polo que se celebrará unha gran festa final no Pavillón ás 20:00 horas á que se sumará o Club Baloncesto Nigrán e que constará de chocolatada e do concerto de Argonat Band.

“A aposta deste goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que a mellor maneira de despedir o ano é precisamente facendo deporte, facéndoo en comunidade e divertíndonos para que sexamos quen de incorporalo aos hábitos dos máis pequenos”, indica Juan González, alcalde de Nigrán e quen iniciou no 2015 a celebración desta proba que forma parte ineludible xa do calendario deportivo nigranés.

Anuncios