Anuncios
Ticker de novas

Cine de Nadal en Baiona coa película “Se armó el Belén”

O Concello de Baiona ofrece este mércores 26 de decembro unha sesión de Cine de Nadal coa película de animación “Se armó el Belén”. A proxección comezará ás 18:00 horas na Capitanía Marítima. Bo é un burriño pequeno, pero valente, que anhela unha vida máis aló da súa rutina diaria no muíño do pobo. Un día reúne a coraxe necesaria para cumprir a aventura dos seus soños. Na súa viaxe coñecerá a Ruth, unha adorable ovella que perdeu o seu rabaño, e a Dave, unha pomba con grandes aspiracións. Durante o seu camiño, no que seguen unha Estrela moi especial, atoparán ademais a tres camelos e a outros excéntricos animais. Todos eles converteranse nos heroes non recoñecidos do primeiro Nadal.

Anuncios