Despois de ler a documentación sobre o acordo entre o Concello de Baiona e ABANCA para o pago do rescate po aparcadoiro do Aral e valorando as distintas opcións posibles, desde Esquerda Unida pensan como mellor opción a de acudir a un crédito a longo prazo que permitira ir facendo a amortización cos propios ingresos do aparcadoiro, xa que segundo o Alcalde desde que a xestión é municipal o mesmo é rendible, e utilizar o remanente de tesoureira, “que non é un aforro como queren facernos ver, senón a consecuencia de non esgotar o orzamento coa conseguinte merma nos servizos, para as dotacións que permita a lexislación. Ben entendido que o convenio proposto, visto illadamente, en canto ás cláusulas económicas non ten reparo pola nosa parte”, sinalou Silvano Montes.
Artículos relacionados
Mañá abre a campaña extractiva da centola e do boi na provincia de Pontevedra
A Consellería do Mar abre mañá a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van da Guarda ata Cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de […]
Estudantes do Colexio Santiago Apóstolo de Arxentina visitan Baiona
Como vén sendo tradición desde o ano 2009, un grupo de alumnos do Colexio Santiago Apóstolo de Arxentina, visita Baiona para coñecer a terra, tradición e cultura dos seus ascendentes. O Colexio Santiago Apóstolo é […]
Os cadetes do CB Nigrán fan historia
O equipo cadete do CB Nigrán acábase de meter na final da liga desta tempada 2019-2020. Non foi un camiño fácil, pero finalmente foron capaces de remontar algún que outro resultado adverso da primeira volta. […]