Anuncios
Ticker de novas

Show infantil con visita de Papá Noel en Sabarís e Festival de Nadal de Marcando Pasos en Baiona

Este venres 21 de decembro continúa a programación cultural Bai Nadal 2018 con actividades en Sabarís e Baiona. Ás 18:00 horas comezará o espectáculo “A bailar no Nadal” na Praza Victoria Cadaval de Sabarís, coa presenza de Papá Noel ata as 20:00 horas. No Auditorio V Centenario de Baiona, a escola de baile “Marcando Pasos” ofrecerá o seu Festival de Nadal ás 20:30 horas.

Anuncios