Sin categoría

Nigrán ofrece un contacontos infantil este sábado no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este sábado ás 17:00 horas no Auditorio Municipal un contacontos a cargo de Carla Muñoz, responsable da librería infantil “Donde viven los cuentos”. Dirixido a un público familiar e cunha duración aproximada dunha hora, realizarase un contacontos interactivo de aventuras para que participen todos os asistentes.