Mercado na praza de Pedro de Castro á esquerda da postal, un dos primeiros servizos públicos de transporte a motor da empresa Gondomar.
Serie de Hauser y Menet (Anos 20)
Despois da Serie Xeral viñeron outras postais de Baiona realizadas por Hauser y Menet: son postais cunha perfecta definición e que, coma todas as de Hauser, serviron para conservarmos unha idea moi clara de como era a Baiona daqueles tempos.
Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.

