Santiago Agustín Castro, nova fichaxe do Gondomar CF

O Gondomar Club de Fútbol anunciou este mércores a fichaxe de Santiago Agustín Castro González «Agus», de 19 anos e veciño de Gondomar, que chega ao equipo procedente do Tomiño, ao cal danlle as grazas polas facilidades para a súa contratación. Nado en Montevideo, o defensa afirma que «chego coa ilusión de xogar no equipo do meu pobo e xogar cos amigos, para axudar no que o míster decida a conseguir o obxectivo».

Anuncios