Anuncios
Ticker de novas

Nigrán leva a Papá Noel e os carteiros reais aos colexios

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Papá Noel na escola infantil A Galiña Azul.

O Concello de Nigrán facilitou por segundo ano consecutivos a todos os colexios públicos do municipio a visita de Papá Noel ou dos carteiros reais a cada centro durante esta semana previa de Nadal. Así, grazas ao Mago Rei Midas, Papá Noel e os carteiros reais visitaron xa a Escola Infantil Dunas, o CEIP Arquitecto Palacios e A Galiña Azul, e mañá estará no CEIP Mallón (os catro centros que neste ano se acolleron á iniciativa do Concello). A maiores, o Concello de Nigrán entregou a todo o alumnado dos CEIP e escolas infantís do municipio unha carta aos Reis deseñada pola nigranesa Olalla Fernández.

Anuncios