Anuncios
Ticker de novas

Obradoiro de instrumentos de refugallo e panxoliñas na Biblioteca de Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Obradoiro de instrumentos de refugallo.

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, dentro da súa programación para este Nadal, oferta un obradoiro de instrumentos de refugallo e panxoliñas que terá lugar o mércores 19 de decembro de 17:30 a 19:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal.

Esta actividade está destinada a nenos e nenas de 6 anos en adiante, constando de dúas partes. Na primeira parte do obradoiro os rapaces crearán o seu propio instrumento partindo de materiais usados (botellas, bidóns, tapóns, etc..), e unha vez rematado o instrumento, interpretarán e acompañarán con percusión unhas panxoliñas de Nadal.

Os nenos e nenas interesados poden inscribirse na Biblioteca Municipal, ben presencialmente ou no teléfono 986 355 943.

Anuncios