Anuncios
Ticker de novas

O PP critica a falta de iluminación de Nadal en Gondomar e achácao á falta de planificación

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Alumeado de Nadal.

O Partido Popular de Gondomar volve a queixarse da falta de programación do goberno do concello que deixa a zonas de Gondomar e a todas as parroquias sen alumeado de Nadal. “O alcalde Paco Ferreira tivo presa en facer a inauguración do alumeado con unha programación de última hora e sen que o alumeado estivese todo colocado, como recoñeceu o propio alcalde nas redes sociais”, sinala Paula Bouzós.

Tamén foron notables as queixas das entidades que participaron na inauguración da semana pasada, que a pesar de ser unha iniciativa deles non se lles facilitou o seu traballo, sobre todo co escenario que so permitía ver as actuacións ás primeiras filas, polo que moita xente optou por marchar sen agardar o acendido das luces, así como a protesta dos pais que non puideron ver a actuación dos seus fillos.

Segundo os populares, estes días e como outra medida de última hora e por falta de planificación, o alcalde ordenou a outra empresa a colocación de iluminación nos abetos e nas árbores, unha compañía non especializada na iluminación de eventos foi a encargada de realizar os traballos, a mesma que se encarga de facer todos os traballos encargados polo alcalde sen que haxa unha planificación previa, e por adxudicación directa. Paula Bouzós lle pregunta ao alcalde canto lle vai custar ao concello estes traballos de última hora.

“Temos que recordar, que para os comercios de Gondomar a campaña de Nadal xa comezou a primeiros de decembro, e ter un pobo cun ambiente de Nadal favorece a afluencia de xente o que repercute favorablemente nas ventas, nunha tempada esencial para o futuro do pequeno comerciante, que nesta semana fixeron unha campaña, á que se suma o Partido Popular de Gondomar, de concienciación á poboación da importancia do comercio local”, engade Bouzós.

O PP recorda que a improvisación e a falta dun programa vén sendo a tónica habitual dun goberno que naceu dunha unión entre forzas totalmente distintas, que non se entendían entre eles e que hai pouco acabou quedando con tan só catro concelleiros. Paula Bouzós lle pide ao alcalde que trate por igual a todos os veciños e comerciantes de Gondomar, que se deixe de tanta espontaneidade e dote de alumeado, no só as partes que faltan no centro, senón tamén as parroquias como se facía anos atrás, e sempre respectando as garantías de seguridade para os veciños coa contratación dunha empresa especializada.

Anuncios