Anuncios
Ticker de novas

A Xunta aínda non concertou a entrevista á que se comprometou coa AVTG hai dúas semanas

A Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar denuncia que o goberno da Xunta aínda non concertou a entrevista á que se comprometeu coa AVTG hai dúas semanas.

Durante a concentración realizada pola Asemblea Veciñal o sábado 1 de decembro diante do Auditorio Municipal, coincidindo coa presentación da candidata por Gondomar do PP ás municipais do 2019, membros do gabinete do Presidente Feijóo, que tamén estaba presente, e a propia candidata Paula Bouzós, comprometéronse publicamente a se reunir na semana seguinte con membros da AVTG para lles informar do estado en que se atopa a posible entrada do concello de Gondomar no convenio de transporte metropolitano da área de Vigo.

A AVTG denuncia que “máis de dúas semanas despois aínda ninguén, nin do PP local nin do goberno da Xunta, se puxo en contacto con nós. E isto vén demostrar o que xa sospeitábamos, que non tiñan intención de cumprir coa súa palabra e que só pretendían que se disolvera a concentración para non lles molestar”.

Desde a Asemblea Veciñal consideran unha falta de respecto que o goberno da Xunta, co presidente Feijóo á cabeza, non cumpra co seu compromiso: “Non merecemos gobernantes que nos ignoran. Estamos a defender un servizo público que é básico para a nosa mobilidade. Gondomar ten o peor servizo de transporte da contorna e o máis a caro con diferenza, e é a Xunta quen ten as competencias para melloralo”.

Anuncios