
O coro tradicional Cantares do Brión presenta o domingo 16 de decembro o seu segundo disco cun concerto no Centro Cultural de Vincios ás 19:00 horas. A ilusión, a enerxía e o bo facer fixeron posible a gravación de “A Raís”, o seu segundo traballo, baixo a dirección de Pablo Rial e da man do seu técnico, Isaac Millán.