Como cada ano por estas datas volven os Papa Noeles Surfeiros, nesta ocasión da man da Asociación de Escolas de Surf da Praia de Patos, composta por La Conservera del Surf, Patos Surf, Point Break Patos, Txoko Surf Club Schola e Prado Surf. O evento, que leva celebrándose desde hai máis de 10 anos, terá lugar o vindeiro domingo 23 de decembro ás 11:00 horas.
Os participantes iranse á auga a surfear vestidos de Papa Noel, pero ademais non só é unha festa de surf e diversión, senón que se trata dun evento solidario, pois os asistentes deberán pagar un tributo, achegar 1 quilo de alimentos non perecedoiros (pasta, arroz, legumes, cacao, leite, etc.) para o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán.
Este orixinal mergullo xa se converteu en toda unha tradición no municipio de Nigrán, á que cada vez se apuntan máis amantes das ondas e porque ademais é unha xornada de achegamento gratuíto a este deporte. Ao saír da auga, esperaralle un rico e quentiño chocolate recentemente feito e algunha que outra sorpresa.
Para asistir os interesados deben poñerse en contacto con calquera das cinco escolas organizadoras.
La Conservera del Surf – 672 29 89 05 – info@laconserveradelsurf.com
Patos Surf – 638 72 49 17 – galicia@patossurf.com
Point Break Patos – 658 96 83 81 – info@pointbreakpatos.com
Txoko Surf Club Schola – hola@txokosurfclub.com
Prado Surf – 636 02 47 02 – info@pradosurfescola.com

