Rouban un cordeiro e o rosario da imaxe da Virxe de Fátima en Sabarís

O párroco da Igrexa de Santa Cristina da Ramallosa, situada no barrio de Sabarís, deuse conta que estes últimos días “uns vándalos” roubaron no xardín do templo un cordeiro decorativo e o rosario da imaxe da Virxe de Fátima, que está acompañada tamén duns pastorciños. É a segunda vez que rouban a figura, tendo que comprar outra para cubrir o oco. Meses atrás levaron tamén en Sabarís a figura dunha ovella que estaba colocada diante dun comercio, e aínda non hai rastro dela. O sacerdote, Uxío Nerga, está cansado destes furtos “só por facer o mal”. No cemiterio parroquial roubaron unha lámpada velas dentro da capela e tirárono á praia.