Nigrán celebra o domingo un baile especial de Nadal para os maiores

O Concello de Nigrán celebra este domingo 16 de decembro un baile especial de Nadal para maiores ás 18:00 horas no Auditorio Municipal con música en directo do Trío Armonía e chocolate quente para todos. A entrada é de balde. Péchase deste xeito o ciclo de bailes 2018 que se renovará no vindeiro ano.

O Concello de Nigrán anima a todos os maiores a participar nesta actividade de ocio que conxuga aspectos tan importantes nesta etapa da vida como a socialización e a actividade física, contribuíndo con isto a un maior benestar físico emocional das persoas. Dende o Concello de Nigrán lévase a cabo tamén un programa de turismo social para a terceira idade con diferentes excursións ao longo do ano.