Concerto da Coral de Baredo na Igrexa de Sabarís

FOTO: CORAL DE BAREDO

A asociación cultural ValVal de Sabarís continúa este sábado, día 15 de decembro, co seu ciclo de concertos de grupos corais na Igrexa Parroquial, organizado contando coa inestimable axuda da Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona. Nesta ocasión actuará a Coral Polifónica de Baredo a partir das 19:45 horas. O próximo 22 de decembro pechará o ciclo o Coro Passionato de Tomiño.

Anuncios