VideoDanza Performance “Tempo Pendurado” en Mañufe

Este venres 14 de decembro ás 19:00 horas chega ao espazo Mil Ramas (Rúa Moreira 1, Mañufe-Gondomar), Belén Pena, coa proposta performativa “Tempo Pendurado”, acompañada de VideoDanza. Ten un prezo de 3 euros por persoa e 10 euros por grupo (4 persoas). Máis información no correo espazomilramas@gamil.com ou nos teléfonos 651 76 30 14 e 660 14 51 90.

Performance VideoDanza “Tempo Pendurado”

Camiño por riba de pedras de algodón, fundindo os meus pés nun paso continuo, flotante, calado… A videodanza nace nos anos 70, sendo un xénero da hibridación entre a danza e a técnica de captura de imaxe. Ao longo da historia, as artes atopáronse complementáronse conviviron e entrelazáronse para dar luz a novas disciplinas e propostas. Na videodanza, a técnica audiovisual e coreografía están ao mesmo nivel, non existe unha sen a outra, e non é posible creación sen a simbiose total de ambas disciplinas.

Anuncios