O Partido Popular de Gondomar celebrará a súa xa tradicional Cea de Nadal o vindeiro sábado día 15 de decembro ás 22:00 horas, que como xa vén sendo costume se fará no restaurante Rocamar de Baiona. Paula Bouzós convida a todos os afiliados, simpatizantes e amigos a participar na cea, pasar un rato en convivencia e poder desfrutar dunha agradable noite. Os interesados poden poñerse en contacto con calquera membro da executiva ou nos teléfonos 679 724 004 e 647 725 653.
O PP de Gondomar celebra o sábado a súa tradicional Cea de Nadal

