Baiona apraza a celebración do XX Cros Escolar do Val Miñor

Segundo informan desde o Departamento de Deportes do Concello de Baiona, ante as previsións meteorolóxicas previstas para o vindeiro domingo, día 16 de decembro, aprázase o XX Cros Escolar do Val Miñor, organizado conxuntamente coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar Xogade. O evento trasladarase ao domingo 13 de xaneiro de 2019 no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís, mantendo as mesmas condicións organizativas.

A proba comezará ás 10:45 da mañá e finalizará ás 12:50 horas coa entrega de trofeos. Participarán as categorías Chupetes (nados 14-15, distancia a percorrer 80 metros), Pre-Benxamín (nados 12-13, distancia a percorrer 400 metros), Benxamín (nados en 10-11 – distancia a percorrer 750 metros), Alevín (nados en 08-09 – distancia a percorrer 1.500 metros), Infantil (nados en 06-07 – distancia a percorrer 1.500 metros Infantil Feminino e 2.000 Masculino) e Cadetes (nados en 04-05 – distancia a percorrer 2.600 metros Cadete Feminino e 3.500 Masculino).

Máis información nos teléfonos 986 356 558 ou 679 196 881, no fax 986 358 078 ou a través do correo electrónico deportes@baiona.org.