Sin categoría

Detido un mozo veciño de Baiona por unha agresión con arma branca en Vigo

Axentes da Policía Nacional detiveron a un home de vinte e dous anos de idade, de nacionalidade española e con domicilio en Baiona, como autor dun delito de lesións con arma branca. Os feitos producíronse ás 02:25 do día 7 pasado, cando segundo chamadas dos veciños, estaba a producirse unha pelexa na Praza de Portugal, na chamada faise referencia a que un dos implicados tiña un brazo escaiolado.

Ao chegar unha dotación rotulada de Policía Nacional, observa a tres novos, duns vinte anos, entre os que distingue ao mozo do brazo escaiolado, ao dirixirse a el, refire que foron agredidos por outros mozos que se escaparon correndo pola rúa República Arxentina, e á carreira indícanlle por onde.

Recibe unha navallada ao mediar nunha discusión

Outra das dotacións de Policía, observa a outros tres novos que saían do lugar a fume de carozo, ao paralos e mentres os identifican, observa que da parte superior da coxa dereita sae sangue a uns dos mozos, e obsérvase que existía un corte profundo, ao preguntarlle como llo fixo, para esclarecer que sucedera, estes infórmanlle que cando mediaban nunha discusión, un mozo que levaba o brazo escaiolado, e que era un dos que formaban parte da liorta, sacou unha navalla negra e dourada e sen mediar palabra cravoulla na perna.

Solicitouse a presenza no lugar dunha ambulancia do 061, quen trasladou ao novo ferido ao PAC Vigo, xa que precisaba puntos de sutura.

Cando reciben a información da outra dotación sobre un ferido con arma branca, os axentes da dotación ven a navalla mencionada tirada á beira dos mozos identificados en primeiro lugar, polo que se procedeu á detención do mozo co brazo escaiolado.

O detido e todo o actuado pasou a disposición do Xulgado de Garda de Vigo.