Magosto en Belesar

A parroquia baionesa de Belesar celebra este sábado día 8 de decembro o tradicional magosto no Lugar Social da Estivada (A Casa do Pobo). Desde as 16:30 horas haberá castañas gratuítas, bocadillos de chourizo, salchichas, viño, cervexa e refrescos a prezos populares. O evento, que contará tamén con inchables para os máis pequenos, estará amenizado polo Trío Azar.