Anuncios
Ticker de novas

Un control en Baiona detecta catro condutores positivos en drogas

A Agrupación de Tráfico da Garda Civil reforza a seguridade viaria nas rutas ciclistas protexidas. Na mañá deste xoves detectáronse catro condutores positivos en drogas e outros dous foron denunciados por condución temeraria e distracción nun control realizado na estrada que une Baiona e A Guarda, a PO-552, á altura de Baredo.

O obxectivo destes controis nas denominadas “rutas ciclistas protexidas” é reducir o número de accidentes deste colectivo. O incremento da súa presenza nas vías interurbanas compartindo espazo con outros vehículos de motor de maiores masas e dimensións esixe que se deba prestar unha especial atención a este tipo de situacións pola vulnerabilidade dos ciclistas fronte a outros vehículos.

Anuncios