Anuncios
Ticker de novas

Baiona despide a Emilia Pombal con 102 años

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Emilia rodeada da súa familia e membros do goberno local no seu 100 aniversario.

A veciña de Baiona Emilia Pombal Alonso faleceu este martes aos 102 anos de idade. Pombal naceu no municipio de Oia pero trasladouse á parroquia baionesa tras casar cun veciño de Belesar, Manuel Domínguez Pérez, cando tiña 25 anos, co que tivo 3 fillos homes. Traballou nos labores da casa e no campo. Tamén rexentou durante anos unha tenda-bar en Sabarís, na praza Victoria Cadaval, coñecida como “A casa do Cantarelo”, nome que proviña do alcume do seu marido, que entre varios traballos tamén era músico. A pegada da música quedou patente nesta coñecida familia de Belesar, pois a tradición continúa, xa que un dos seus netos é o director da Agrupación Musical de Belesar, Javier Domínguez Millán.

Anuncios