Sin categoría

O PP denuncia que a seguridade dos alumnos de Peitieiros segue sen estar garantida

A presidenta do Partido Popular de Gondomar vén de entrevistarse coa directora do Colexio Público «Xosé Neira Vilas» de Peitieiros, dentro da rolda de visitas que está realizando a todos os centros educativos do concello.

Paula Bouzós denuncia que as obras realizadas na contorna do Colexio Público «Xosé Neira Vilas» de Peitieiros, non garanten a protección necesaria para a seguridade dos cativos do centro. Tanto a dirección do colexio como os representantes dos pais, o que pedían era un espazo propio fóra da estrada onde puidesen parar os autobuses para que os cativos suban e baixen dos mesmos sen perigo algún, ou un semáforo que se active dende o centro para poder parar o tráfico na entrada e saída do alumnado. Esta labor a están facendo agora mesmo profesores do colexio co risco que isto supón.

A directora do centro lle confirmou o seu desacordo coas obras que se veñen de realizar na estrada provincial, que para nada garanten a seguridade dos cativos, xa que os autobuses van a seguir parando na propia estrada. Ademais e segundo explicou a directora, a Policía Local soamente subiu dúas veces ao centro dende que comezou o curso, en contra do que se comprometera no seu día o alcalde Paco Ferreira.

Paula Bouzós tamén se interesou por outros problemas do centro como a rotura dos canalóns de recollida de augas da pista polideportiva e que seguen sen arranxarse; ou o exceso de gasto en calefacción debido ás deficiencias no illamento e que a calor se vai pola claraboia do teito ao estar en malas condición permitindo a saída da calor e a entrada do aire frío do exterior. Segundo a dirección do centro, o concello sempre os remite ao xefe territorial da Consellería de Educación, a pesar de ser obras de mantemento, as cales son competencia do Concello de Gondomar.

Aproveitaron tamén para comentar outras deficiencias como o arranxo de toda a cuberta do centro, que se atopa en malas condición de conservación, ou a falta de espazo para poder desenvolver as actividades docentes nunhas óptimas condicións, como pode ser un ximnasio para a realización das clases de ximnasia, entre algunha das carencias.

Paula Bouzós lles agradeceu que a recibisen, e se comprometeu a poñer en coñecemento das administracións públicas responsables estas deficiencias, co fin de que na medida do posible se poidan ir acometendo as obras necesarias para o seu arranxo.