Anuncios
Ticker de novas

Inscricións abertas para participar no obradoiro interxeracional “Risa e movemento” en Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, oferta a través do programa “Tecendo Lazos 2018” da Deputación de Pontevedra o obradoiro interxeracional “Risa e movemento”. O riso permite enfrontarse aos obstáculos diarios desde perspectivas máis creativas e axuda a sentirse mellor. Por iso desde o Concello lles parece unha experiencia moi interesante para compartir en familia e durante as datas de Nadal.

As datas previstas para a súa celebración serán os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 horas no Centro Neural de Gondomar. Poderán participar todas e todos os interesados que teñan entre 6 e 99 anos. Terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (pais e nais, netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…).

Para poder participar deben cubrir unha solicitude, que poden descargar na páxina web do Concello de Gondomar ou recollela na OMIX, e entregala no Rexistro Xeral achegando fotocopia do DNI e volante de empadroamento. O prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de decembro. Máis información na OMIX, teléfono 986 369 746.

Anuncios