O Xulgado anula a adxudicación directa dos postos da Praza de Abastos de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Un dos postos da Praza de Abastos.

Este 27 de novembro, o Xulgado do Contencioso nº1 de Vigo vén de fallar en favor das persoas que así o reclamaron e que no seu día aspiraban a un posto de venda na Praza de Abastos de Gondomar, despois de se presentaren ao concurso público posto marcha, de acordo coa Lei e co Regulamento Municipal, polo concelleiro de Comercio Xosé Antón Araúxo.

“Pois ben, onde se estaba regularizando unha situación que viña de vello, e así darlle garantías xurídicas e tranquilidade aos praceiros instalados na Praza de Abastos dende hai anos, e ao mesmo tempo darlle a posibilidade a outros novos de se instalar nos postos baleiros a través dun concurso público, a única posibilidade legal de facelo, unha vez máis, o afán de protagonismo de Paco Ferreira levouno a crear un problema onde non o había. Comezou por desautorizar ao concelleiro de Comercio sementando dúbidas sobre o proceso en marcha, enganando aos praceiros de que ían perder os seus postos, dereitos, etc. Ao final conseguiu paralizar o proceso un día antes de rematar o prazo de presentación de documentación (había catro persoas presentadas). Despois asignou a dedo os postos por Resolución, etc, etc. É dicir, enganou aos praceiros instalados na Praza de Abastos e xogou cos postos de traballo e co pan dos seus fillos daquelas persoas que botaran a solicitude en tempo e forma, e dentro da Lei para obter un novo posto na Praza”, recorda Araúxo.

Agora é a Xustiza quen entra a fondo no asunto dándolle a razón ás persoas que quedaron fóra do proceso e deixando sentado con claridade meridiana que o concelleiro de Comercio, Xosé Antón Araúxo, tiña razón.

“Ni la ley de contratos, ni el Reglamento municipal exigen que todos los puestos salgan a licitación conjuntamente; nada se opone a que puedan ofrecerse por partes, en períodos sucesivos de tiempo.

Bien al contrario, la justificación de la licitación de un puesto menos de los existentes se encuentra en el propio expediente administrativo, y viene dada por el informe del Concelleiro de Comercio: el ocupante de ese puesto se hallaba en edad próxima a la jubilación y su actividad era la de venta de pescado; ocurre que en la plaza existían once puestos dedicados a pescadería, y lo que se perseguía era diversificar la oferta; por ello, se pretendía esperar a esa jubilación para después licitar esa concreta concesión para otra actividad diferente.

Esas son evidentes razones sustentadas en el interés público.”

“Paco Ferreira, ademais de actuar irregularmente a sabendas, enganou aos praceiros establecidos na Praza de Abastos no seu afán de boicotear o traballo dos concelleiros de Manifesto Miñor, obviando o interese xeral e municipal (a Praza de Abastos é un ben municipal) e pensando só nos réditos políticos e en como desacreditar aos socios de goberno”, afirma Araúxo.

Segundo o ex concelleiro de Comercio, por mor desa actuación irresponsable de Paco Ferreira, pasando por riba da Lei e da normativa municipal, agora os praceiros si quedan nunha situación de incerteza xurídica e de vulnerabilidade. “Esixímoslle ao Sr. Ferreira que teña a valentía política de dar a cara e llelo explicar aos afectados. O auto non deixa posibilidade algunha ao outorgamento caciquil e arbitrario das concesións administrativas. As autoridades teñen que garantir a transparencia, os procesos abertos, e a igualdade de oportunidades. Non caben tratos de favor, adxudicacións caprichosas”.

O maxistrado sorpréndese da incoherencia legal da paralización, xa que aínda que se anunciaba coma unha «medida de precaución», pero o certo é que acaba o procedemento, e é máis ben parte da medida definitiva coa intención de pechar o expediente. A sentencia é moi clara na defensa da transparencia das administracións públicas. “O proceso de concesión pública que agora nos ocupa ten que encaixar na arte. 93 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas: «1. A concesión de concesións de mercados en dominio público realizarase baixo o sistema de concorrencia,… en procedemento aberto. Os mercados municipais son bens de servizo público directamente destinados ao cumprimento de fins públicos a cargo das entidades locais”.

Dende Manifesto Miñor reiteran su compromiso, agora na oposición, de seguir traballando polo interese xeral e polo ben común sen mirar para outro lado cando quen goberna mete a pata ou a man.

Anuncios