Decembro na Casa Colorida

FOTO: CASA COLORIDA

Chega decembro á Casa Colorida, e con el, sábados e domingos cheos de #Comúns, #Cultura, #Artes, #Redes e moita xente linda que vai da man de un #NovoMundoPosible.

• Sábado 1 • Conversa Vivencial de Lectura de Aura da man de Ana Pérez Matías • 12:00H (Inscrición Previa: 671 23 64 91 – Ana).

A lectura de aura é unha forma de achegarnos á nosa verdade interior, a aquilo que estamos vibrando a nivel consciente ou inconsciente. Trata de obter o aprendizaxe das situacións que ofrécenos a vida cotiá, e poder transformar dende dentro o que sucede afora, centrase en que todo cambio parte de un mesmo.

A primeira parte do obradoiro é de introdución a que é o aura, como aféctanos na nosa vida cotiá, e a traer conciencia do que podemos elixir da realidade que queremos vivir. A segunda parte do obradoiro é experiencial, farase unha rolda de lectura de aura, lendo unha ou dous imaxes por persoa, sabendo que a medicina para un é medicina para todos, conectando con SoMos Unha.

O Obradoiro ten unha duración aproximada de 2 horas dependendo do número de asistentes, e ten un prezo de 10€. Coma sempre abertas as posibilidades de #OutrasEconomías. Inscricións e máis información no teléfono 671 236 491.

• Domingo 2 • Sesión Vermú Peformance Lola Lolita Lola de Gravidade 0.0 con Gravidade 0.0 • 13:00H // Prezo Libre.

Memoria visual táctil olfativa auditiva gustativa léxica semántica discursiva corporal simbólica cultural histórica social motora recreativa temporal espacial numérica volumétrica lumínica fotovoltaica fotográfica fragmentada lineal cromática relacional residual a curto prazo a medio prazo de traballo emocional empática xenética celular instintiva intuitiva impersoal.

Á miña avoa gústanlle os puzzles. Unha vez montou un de 10000 pezas que lle levou horas días meses topar coa imaxe. Ás veces perdíase na maraña ou non lle casaba a peza, outras, pedíanos que rastrexaramos o chan non fora ser que caera e se mimetizase coa alfombra. Era curioso ver como se ía montando de a pouco todo o esquelete: unha esquina, pezas soltas no seu interior, unha liña en clave morse do marco, a lembranza dun mato de flores como illa perdida no medio do baleiro.

Que é ser eu… quen somos nós? Unha maleta chea de lembranzas interconectadas.

E coma sempre petiscos, cervexa artesá do Val Miñor, Zume Ecolóxico, #NovoMundoPosible e moito amor.

• Sábado 8 • Conectando cos meus Ciclos – Encontro para Conectar co Feminino da man de Ana • 12:00H (Incripción Previa: 671 23 64 91 – Ana).

• Domingo 9 • Cine Libre Colorido – co marabilloso proxecto documental das compas de Lacuna Libre • 19:00H // Prezo Libre.

• Sábado 15 • Maxín Teatro. “Mort” de Terry Pratchett en versión e dirección de Mónica Sueiro • 13:00H // Prezo Libre.

• Domingo 16 • Non Si? Teatro “Romance de Micomicón e Adhelala” de Eduardo Blanco Amor en versión e dirección de Mónica Sueiro • 13:00H // Prezo Libre.

Coma sempre no #VermúColorido e no #CineLibreColorido petiscos e cervexa artesanal do Val Miñor Trisk-Ale Cervezas e como novidade zume de mazá artesán feito na casa.

Anuncios