Vaimillor organiza clases de punto e ganchillo en Camos

A Asociación Cultural e de Lecer Vaimillor organiza clases de punto e ganchillo, que se impartirán os luns e/ou mércores de 16:30 a 18:30 horas nas antigas escolas infantís de Balinfra en Camos (Rúa San Roque, 41). Tanto para os que non teñen nin idea como para os que buscan perfeccionar, desde o máis básico ata as técnicas máis complexas. Manter a mente e as mans ocupadas tecendo axuda a acougar a ansiedade, mellora a concentración e favorece a relaxación. Máis información nos teléfonos 627 319 665 ou 635 212 818.