Anuncios
Ticker de novas

Tres deportistas do Club de Loita Sabarís acoden á concentración nacional júnior

11 deportistas galegos acoden á concentración nacional júnior que terá lugar do 27 ao 30 de novembro no CAR de Madrid.

As deportistas Aimara Osco do Club Ciudad de Vigo, Uxía Brea do Club de Loita Pontevedra e Nerea Iglesias da Escola Ayude de Melide, serán as representantes femininas.

Os deportistas convocados en Loita Libre Olímpica son Jesús Gonsalves e Santiago Sánchez do Club Keltoi de Vila de Cruces, Omar Rodríguez, Anxo Uzal e Christian Suárez do Club de Loita Sabarís, Rafael Álvarez do Club San Ignacio de Vigo, Carlos Yobanni García e Samuel García do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

Esta concentración é de formación para as modalidades olímpicas en categoría júnior. Todas e todos os rapaces pertencen o grupo de Tecnificación da Federación Galega de Loita, estando a maior parte deles becados no CGTD de Pontevedra.

Anuncios