Este luns culminou o programa “Rap contra a violencia de xénero”, que comezou o pasado 17 de outubro no CPI Cova Terreña e no IES Primeiro de Marzo co obxectivo de abordar a problemática da violencia de xénero entre os e as adolescentes de Baiona. Preto de 200 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO reivindicaron a través das 30 cancións creadas a ritmo de rap valores como a prevención, a convivencia e sobre todo o respecto mutuo.
Trátase dunha iniciativa da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, coa cofinanciación da Deputación de Pontevedra a través do proxecto “Xénero Versus”. Baséase no convencemento da utilización da música, o RAP neste caso, como canle comunicativa adecuada e moi aceptado na fase da adolescencia. Traballar con este estilo de música é a mellor forma de motivar e estimular ao alumnado.
O programa constou de tres fases, con catro sesións presenciais durante o horario escolar no CPI Cova Terreña e o IES Primeiro de Marzo de Baiona. O obxectivo e impulso que moveu este proxecto foi o de poñer os coñecementos pedagóxicos e musicais en mans de adolescentes de 3º e 4º da ESO para que fosen quen compuxese a letra, elixisen a música e finalmente gravasen unha canción de rap na que puidesen expresar as súas opinións acerca dun tema tan importante como de actualidade que ten que ver con eles/as como o inquietante aumento da violencia de xénero entre adolescentes.
Trátase dun programa que funciona por varios motivos, por unha banda, provoca a súa reflexión como grupo sen portavoces adultos, e a través dun compromiso con este proxecto musical será positivo nas súas relacións e roles grupais. Ademais, o Hip-Hop pode abrir unha vía de comunicación bidireccional proporcionando á persoa a posibilidade de expresar aquilo que non pode transmitir doutra maneira e á súa vez, proporciona unha canle comunicativa ao educador e á sociedade para transmitirlle información á persoa.
Por que utilizar a música na educación pola Igualdade e contra a violencia de xénero? Porque en xeral unha porcentaxe moi alta do alumnado da ESO recoñece escoitar música todos ou case todos os días, e a maior idade o alumnado de secundaria identifícase nun maior grao cos seus amigos e amigas e concede unha maior importancia a compartir os seus gustos musicais. De tal maneira, que traballar na aula con música é a mellor forma de motivar e estimular ao alumnado, xa que unha canción implica sempre traballar a letra educando a intelixencia verbal, traballar a música educando a intelixencia musical e potenciar a creatividade, o intercambio de opinións, o respecto ás ideas alleas, a tolerancia, o diálogo con compañeiras e compañeiros, a reflexión, a introspección… educando así tamén a intelixencia emocional.
Primeiro de Marzo 3ºA – 1 – Andrés, Damián, Marta, Sara e Aldara
Primeiro de Marzo 3ºA – 2 – Chiti, Anais, Yeneba, Rubén, Isma e Iván
Primeiro de Marzo 3ºA – 3 – María, Carlota, Adrián, Iria e Xandre
Primeiro de Marzo 3ºA – 4 – Anxo, Brais, Xose Carlos, Carlota, Pedro e Manuel
Primeiro de Marzo 3ºB – 1 – Eliana , Ana, Tania, Antía e Carla
Primeiro de Marzo 3º B – 2 – Isma, Alejandra, Sabela, Víctor e Miguel
Primeiro de Marzo 3ºB – 3 – Ángeles, Diego, Brais, Dani, Jesús e Vicente
Primeiro de Marzo 3ºP – Ruth, Aroa, María, Olalla, Alfonso, Álex, Aarón e Adrián
Primeiro de Marzo 4ºA – 1 – Yara, Sandra, Dani, Nerea, Andrea e Carmen
Primeiro de Marzo 4ºA – 2 – Antonio, Carmen, Alba, Fabián e Borja
Primeiro de Marzo 4ºA – 3 – Raúl, Iago, Alejandro, Darío e Rubén
Primeiro de Marzo 4ºA – 4 – Sofía, Roberto, Rubén, Enrique, Iria e Seul
Primeiro de Marzo 4ºB – 1 – Aroa, Claudia, Martín, Jordi e Ángela
Primeiro de Marzo 4ºB – 2 – Eva, Yaiza, Uxía, Claudia, Sofía e Elora
Primeiro de Marzo 4ºB – 3 – Javi, Pérez, Gonzalo, Adán e Erik
Primeiro de Marzo 4ºB – 4 – Efrén, Michelle, Cristian, Xose e Ángel
Primeiro de Marzo FPB – Lucía, Samu, Soto, Brian, Brais, Lito, Kico, Saray e Titus
Cova Terreña 3ºA – 1 – Pablo, Sabela, Ivonne, Irene e Breixo
Cova Terreña 3ºA – 2 – Sira, Manuel S, Pedro e Belén
Cova Terreña 3ºA – 3 – Cristian, Lúa, Oisin, Itxasne e Jorge F
Cova Terreña 3ºB – 1 – Sofía, Lara, Manuel E, Ruoqi, Nico e Paula
Cova Terreña 3ºB – 2 – Vanesa, Estrella, Nerea, Jenny e Jose
Cova Terreña 3ºB – 3 – Aarón, Gabriel, Manuel, Víctor, Roi, David e Joaquín
Cova Terreña 4ºA – 1 – Ana R, Ainhoa R, Lucía V, Leticia V, Pablo I, Pedrino e Pedro
Cova Terreña 4ºA – 2 – Vera, Adrián C, Sara F, Pablo R, Abel e Francisco
Cova Terreña 4ºA – 3 – Brais, Hugo, Jimena, Carmen, Nerea e Silvia
Cova Terreña 4ºB – 1 – Camila, Naiara, Judy, Francisco e Mario
Cova Terreña 4ºB – 2 – Alejandro G, Iván, Alejandro S, Adrián e Alba
Cova Terreña 4ºB – 3 – Marco, Ramón, Samuel, María e Luis
Cova Terreña 4ºB – 4 – Sara, Carlos, Yasmina, Leo e Pedro

