A Camoesa prepárase para celebrar a súa Semana Cultural

O Centro Cultural A Camoesa celebrará do 6 ao 9 de decembro a súa Semana Cultural, con visita ao Centro Hípico “Rías Baixas”, manualidades, teatro, música tradicional, xogos de mesa e habilidade, baile e contacontos. Ademais, de 17:00 a 19:00 horas, levarán a cabo unha campaña solidaria de recollida de alimentos.

Programa

Xoves 6 de decembro
11:00 Visita ao Centro Hípico “Rías Baixas”
17:00 Manualidades
18:00 Teatro do Ar “Tolerías”
19:30 Pandereteiras “As Camoesas”

Venres 7 de decembro
18:30 Pandereteiras “As do Caravillas” A.B. Eixotolo
19:30 Grupo de Teatro A Moura “A Revirada”

Sábado 8 de decembro
17:00 Xogos de Mesa e Habilidade
18:00 Academia de Baile “Rainbow”
18:30 Mestres da Escola de Música
19:00 Contacontos de Sombras Chinas – Meniños Parque Infantil

Domingo 9 de decembro
16:30 Manualidades
18:00 Teatro “Os Atrevidos do Valmiñor” (Juan María)

Anuncios