Anuncios
Ticker de novas

A Policía Local de Nigrán intercepta a tres condutores baixo os efectos do alcol

A Policía Local de Nigrán, realizando controis de alcoholemia rutineiros durante a fin de semana pasada, procedeu a denunciar a tres condutores, un de carácter administrativo e dous de carácter penal, por extralimitar as taxas permitidas de consumo de alcol para a condución.

Un condutor, veciño de Nigrán, foi denunciado xudicialmente ao dar un resultado positivo (0,90 mg/l) na proba de alcoholemia. Esta persoa, que conducía un turismo, realizou unha manobra incorrecta ao observar a presenza policial.

Unha condutora, veciña de Vigo, deu un resultado positivo de 1,27 mg/l, infracción de carácter penal, nun control rutineiro, instruíndo dilixencias xudiciais.

Por último, un condutor, veciño de Porriño, tras realizar un xiro prohibido na Avda. de Portugal, deu positivo administrativo (0,42 mg/l), sendo denunciado por ambas as dúas infraccións.

Nas próximas datas, coincidindo coas ceas prenadal e o Nadal, a Policía Local de Nigrán incrementará os controis de alcol e especialmente drogas, para unha maior seguridade dos usuarios das vías de Nigrán.

En últimas datas detectáronse numerosos casos de vehículos sen asegurar. Cabe lembrar a obrigatoriedade de asegurar os vehículos e as consecuencias administrativas de non aseguralos, tanto se circulan ou se atopan estacionados nas vías públicas.

Anuncios