O baionés David González, prata no Triangular Internacional Escolar de Loitas Olímpicas

A Federación Galega de Loita, en colaboración coa Federación Española de Loitas Olímpicas, organizou nas instalacións do CGTD de Pontevedra, do 21 ao 24 de novembro, unha concentración nacional das categorías escolar e cadete, das 3 modalidades olímpicas. Este sábado, a clausura da concentración foi un triangular entre as seleccións nacionais e de Galicia. A selección portuguesa, finalmente non puido asistir.

A competición en formato adaptado, dos 10 pesos oficiais, agrupáronse a todos os deportistas en só 4 pesos, fixo que moitos campións de España, tivesen que enfrontarse entre eles.

A selección nacional impúxose á galega. Destacando o nivel dos deportistas galegos e sobre todo Bekbol Onngarov (Club de Loita Stellae de Santigo de Compostela) e Santiago Sánchez (Club Keltoi de Vila de Cruces), que se proclamaron campións das súas respectivas categorías. O loitador baionés David González (Club de Loita Sabarís), actual subcampión de España, fíxose coa medalla de prata na categoría de loita libre olímpica 55kg. Os tres deportistas son bolseiros no CGTD de Pontevedra.

Todos os técnicos galegos e nacionais, valoraron de forma moi positiva esta concentración e a competición final, onde o nivel mostrado polos deportistas foi moi alto. Agora toca pensar nas próximas actividades do calendario deportivo.

Anuncios