As IV Xornadas Ornitolóxicas, organizadas pola Federación Ornitolóxica Rexional Galega, en colaboración co Concello de Gondomar, a Asociación de Criadores de Aves Exóticas de Galicia (ACAE-Galicia) e Aviornis Ibérica, reuniu este sábado no Auditorio Lois Tobío a máis de 300 criadores e afeccionados chegados desde diferentes puntos das provincias de Pontevedra, Ibiza, Barcelona, Madrid e desde Portugal.
Tras o acto de apertura do evento a cargo do alcalde, Paco Ferreira, e do Presidente ACAE-Galicia, Fernando González Casas, comezaron as charlas impartidas por diferentes expertos. Francisco Javier Rodríguez Penedo (Criador) falou sobre a identificación dos loros africanos; Ricardo Sobrino (Secretario de Aviornis Ibérica) informou sobre as novidades soivre na aplicación do Real Decreto 7/2018; e Nuhacet Fernández (Veterinario en Loro Parque) tratou a pediatría en psitácidos.
Para finalizar, e despois dunha mesa redonda con todos os tertulianos, o alcalde, Paco Ferreira, clausurou a xornada. Como broche de ouro, todos aqueles que previamente fixeron a obrigatoria reserva, gozaron dunha comida de confraternidade no Pazo da Escola de Mañufe.




