Castro e Ladeira organiza unha excursión en tren pola antiga vía a Monforte de Lemos

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza unha excursión en tren pola antiga vía a Monforte de Lemos o sábado 23 de febreiro de 2019. O prezo é de 42 euros para os socios e de 45 euros para os non socios. Inclúe autocar, comida en restaurante con primeiro e segundo prato, sobremesa e bebidas, billete para o tren, entrada ao centro de interpretación das instalacións maiores relacionadas co tren en España, visita ao centro etnolóxico de Monforte de Lemos.

A saída será desde Sabarís ás 6:45 horas cara á estación de Renfe en Ourense para tomar o tren que fai a ruta pola antiga vía, remontando Os Peares ata chegar a Monforte de Lemos. A continuación visita guiada e divulgada ás instalacións do museo de Renfe, despois ao centro etnolóxico de Monforte, comida no restaurante e de tarde visita ao castelo de Sobroso. De regreso parada na Cañiza.

Máis información e reservas nos teléfonos 678 58 68 69 e 659 32 57 68.

Anuncios