Sin categoría

Un globo negro por cada vítima da violencia machista no IES Auga da Laxe

No IES Auga da Laxe de Gondomar reivindican que todos os días son 25 de novembro. Tanto é así que no centro impártese a materia de Igualdade de Xénero en 2º de ESO, á que asisten 11 alumnos e alumnas. Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as actividades increméntanse durante este mes.

Os días 8 e 14 pintaron en diferentes espazos do recinto escolar e na zona do mercado frases alusivas a favor da igualdade e o respecto e en contra da violencia contra as mulleres, e este xoves colocaron 90 globos negros na entrada do instituto, un por cada unha das vítimas da violencia machista rexistradas en España desde o pasado mes de xaneiro, as oficiais e as non oficiais, co seu nome e idade.