Nigrán organiza un roteiro micolóxico polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas

O Concello de Nigrán, dentro da súa habitual programación sociocultural de outono, organiza este sábado 24 de novembro un roteiro micolóxico polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (parroquias de Camos e Chandebrito). A saída será ás 11:00 horas dende a Igrexa de Camos (onda o cemiterio) e terá unha duración aproximada de dúas horas (dependendo da climatoloxía). A actividade, guiada por un educador ambiental, constará do citado roteiro cunha análise dos montes queimados, busca e identificación de cogomelos, consellos para a súa recollida e información sobre a súa importancia para os ecosistemas. Os participantes deben levar calzado e roupa axeitados. Ao día seguinte o Concello de Nigrán desenvolverá un obradoiro de cultivo de cogomelos para o que xa están cubertas todas as prazas.

Anuncios