Nigrán Decide rende contas da súa actividade na corporación municipal

Nigrán Decide realizará un acto este sábado, día 24 de novembro, ás 19:00 horas no salón de actos do C.R.C. O Torreiro de Priegue, para render contas da súa actividade na corporación.

Durante estes tres anos, o grupo municipal de Nigrán Decide formulou, no seu labor de control e fiscalización, 305 preguntas ou peticións ao goberno municipal e, desde a súa perspectiva de oposición construtiva ao goberno, presentou 30 propostas de acordo, 27 das cales foron aprobadas, 17 por unanimidade.

As propostas de Nigrán Decide aprobadas versaban sobre temas como a Biblioteca e cultura, funcionamento da administración, política fiscal e control do gasto do Concello, os Servizos Sociais…

No acto farase tamén unha valoración destes anos de goberno municipal e falarase da situación puntual de tramitación do PXOM e da modificación das normas subsidiarias.