Nigrán acolle unha xornada de divulgación das novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal

O Concello de Nigrán acolle este venres no Auditorio Municipal de Nigrán de 15:00 a 23:00 horas unha xornada de divulgación das novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal e á mobilización da madeira. Organizada por Asefoga (Asociación Sectorial Forestal Galega) e a Asociación de Desenvolvemento Rural Odega, está dirixida a propietarios/as forestais, comunidades de montes, industria da madeira, técnicos… aínda que está aberta á participación de todo aquel interesado na materia.

O obxectivo é dar a coñecer como as novas tecnoloxías poden permitir que os recursos da madeira e outros como a biomasa forestal sexan mellor controlados e valorizados. Os asistentes terán a posibilidade de coñecer que ferramentas lles poden facilitar a xestión das súas producións de madeira, que beneficios concretos lles van a reportar, como se empregan e baixo qué modelos se implementan, exemplos de uso das plataformas (algunhas delas de forma totalmente gratuíta), como se integran cas novas tecnoloxías de captura de datos a partir de satélites e uso de drons…