Omar Rodríguez e Anxo Uzal, na Concentración Nacional de Loitas Olimpicas

7 deportistas galegos e 1 técnico, permanecen concentrados do 16 ata o 20 de abril no CTD Infanta Cristina de San Javier (Murcia), coas seleccións nacionais cadete e júnior de Loitas Olímpicas. O técnico Galego, Rubén Méndez, acompaña aos deportistas durante a concentración e traballa cos equipos nacionais das 3 modalidades olímpicas.

Os deportistas convocados para esta concentración son: Santiago Sánchez e Nerea Pampín, ambos do Club Keltoi de Vila de Cruces; Omar Rodríguez e Anxo Uzal, ambos do Club de Loita Sabarís de Baiona; Rafael Álvarez do Club San Ignacio de Vigo, Nerea Iglesias da Escola Ayude de Melide e Carlos Yobani García do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.

Esta concentración servirá como proceso de selección de cara as vindeiras citas Europeas do calendario internacional, como son o Campionato de Europa cadete en Kiev (UKR) e o Campionato de Europa júnior en Roma (ITA).

Por outra banda, 3 deportistas galegos, foron convocados coa selección nacional SUB-23 de Loitas Olímpicas, no CTD Infanta Cristina de San Javier, que terá lugar do 20 o 22 de abril. Son Carlos Yobani García, en 65 kg, do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba; Rafael Álvarez, en 70 kg, do Club San Ignacio de Vigo; e Omar Rodríguez, en 74 kg, do Club de Loita Sabarís de Baiona.

Os 3 deportistas terán unha dura proba este fin de semana, coa selección SUB-23, nunha concentración moi intensa e que será o selectivo para participar no Campionato de Europa que terá lugar en Turquía a principios de xuño.

A concentración estará dirixida polo seleccionador nacional SUB-23 da modalidade de Loita Libre Olímpica, Pablo Pintos Figueroa (Vigo, 1978), quen contou coas novas promesas da Loita en Galicia, para participar nesta concentración nacional como «parte dos mellores deportistas Galegos do momento e con maior proxección a curto e medio prazo».

OMAR RODRÍGUEZ E ANXO UZAL, NA CONCENTRACIÓN NACIONAL DE LOITAS OLIMPICAS

Anuncios